InicioPolíticaCandia ve unha "manobra rara" que a Deputación reclame á Xunta financiar...

Candia ve unha “manobra rara” que a Deputación reclame á Xunta financiar as súas residencias de maiores

"Dicir que a Xunta non colabora economicamente é faltar á verdade, porque a Xunta a través das libranzas vinculadas está a axudar no financiamento económico dese servizo", engadiu a presidenta do PP lugués.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo e parlamentaria autonómica, Elena Candia, asegurou este luns que está “moi sorprendida” de que a Deputación de Lugo reclamase á Xunta que financie os seus centros de maiores e as inclúa na rede pública autonómica de residencias.

“Calquera valoración que se poida facer das residencias ten que ser de recoñecemento ao traballo dos seus profesionais en que nun momento complicado dérono todo para atender aos nosos maiores. E sorprende moitísimo que na Deputación, que levan presumindo do seu modelo de residencia, confrontándoo co da Xunta como algo innovador e distinto, e agora que pretendan que se faga cargo dese modelo e queiran renunciar dese modelo do que levan presumindo moito tempo”, esgrimiu.

“Dicir que a Xunta non colabora economicamente é faltar á verdade, porque a Xunta a través das libranzas vinculadas está a axudar no financiamento económico dese servizo”, engadiu.

A líder dos populares de Lugo asegura que esta “reclamación”, ademais “de ser unha manobra rara e difícil de explicar”, faille pensar que “algo non casa”.

A proposta da Deputación que parte do grupo socialista, que goberna en coalición co BNG, cínguese a “abrir un proceso de negociación” co Goberno galego para que asuma a xestión económica e loxística dos centros de atención provinciais.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...