InicioPolíticaO PP marcha do pleno provincial ao negarse o goberno a "reprobar"...

O PP marcha do pleno provincial ao negarse o goberno a “reprobar” os comentarios machistas de Tomé

O presidente da Deputación insiste en que xa pediu desculpas no seu momento e acusa os populares de ter un "dobre raseiro" co feminismo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do grupo do Partido Popular abandonaron hoxe o pleno da Deputación de Lugo despois de que o goberno provincial rexeitase “reprobar” o presidente da institución, o socialista José Tomé, polo que os populares cualificaron como unhas “declaracións machistas” relacionadas coa presidenta provincial do PP, Elena Candia.

O portavoz dos populares, Javier Castiñeira, dixo que socialistas e nacionalistas “perderon un bo momento” para reprobar as declaracións de Tomé, mentres que “o propio presidente non falou nin unha soa palabra” no pleno “deste asunto”.  Desde o seu punto de vista, sería bo para a institución que Tomé “rectificase as súas palabras en público no pleno”, pero no canto de facelo, os socialistas optaron por buscar “o enfrontamento”.  “Lamentámolo. Esta non é a imaxe que queriamos dar”, dixo Castiñeira.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, José Tomé, dixo antes de comezar o pleno que xa lle pediu “desculpas” a quen se puidese sentir “ofendido” por unhas palabras que el cualificou como “unha ironía pola batukada que montaron os deputados populares” na Praza de San Marcos, nun acto para denunciar un suposto reparto “sectario” dos fondos populares.

“DOBRE RASEIRO”

Ademais, o presidente provincial acusa o PP de ter un “dobre raseiro” e de “utilizar” o feminismo ao seu favor.  “Aínda non vin que o señor Castiñeira nin a señora Candia pedisen desculpas a Ana Pontón cando dixeron en sede parlamentaria que estaba necesitada”, aseverou. “Ten que primar o respecto. As mulleres deféndense defendendo os seus dereitos, non utilizándoos cando lle convén ao PP”, incidiu.

Ao seu xuízo, toda esta situación é un “rebumbio inventado polo Partido Popular” para “tapar os seus propios escándalos”.

Con todo, en relación coas desculpas pedidas por Tomé, Castiñeira dixo que “non lle serviron nin ao seu propio partido”, en referencia ás críticas vertidas polo tamén socialista Álvaro Santos.

BNG

Pola súa parte, o BNG subliña que dende a súa formación rexeitan calquera tipo de comportamento machista e pídelle ao partido da oposición que non os “metan na súa lameira”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo aproba o plan parcial para o desenvolvemento da Cheda, onde construirán 304 novas vivendas

O Goberno local de Lugo deu luz verde este mércores ao plan parcial para...

A Xunta acusa ao PSdeG de utilización política dos usuarios da residencia das Gándaras

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu este mércores as obras postas en...

Interior destina 9 millóns de euros para a nova comisaría de Policía Nacional de Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, anunciou que a nova comisaría da Policía Nacional,...

Multa de 450 euros por chamar “borrego” ao que era presidente da Audiencia provincial de Lugo

Un veciño de Lugo, en prisión por outros delitos, aceptou este mércores unha condena...