InicioPolíticaReavívanse tensións nas filas do PSdeG con duras palabras de Santos hacia...

Reavívanse tensións nas filas do PSdeG con duras palabras de Santos hacia Tomé

O exsecretario xeral dos socialistas lucenses considerou "intolerable" o comentario do presidente da Deputación acerca da vestimenta de Candia. "Non me representa nin como lucense nin como militante", subliñou.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O socialista Álvaro Santos, actualmente concelleiro no goberno local de Lugo, compartiu nas súas redes sociais unhas palabras que traen de volta ao presente as tensións mantidas con José Tomé, presidente da Deputación, e Gonzalo Caballero, líder do PSdeG. Santos criticou o comentario “intolerable” de Tomé en alusión á vestimenta de Candia e asegurou que a el non o representa nin “como lucense nin como militante do PSOE”.

O que foi secretario do PSdeG na provincia de Lugo, e que tivo un enfrontamento público con Gonzalo Caballero, acusa o xefe de filas socialistas de dicir “que non pasaba nada” e recalca que o comentario de Tomé “non é desafortunado”, senónsoez, irrespectuoso e inaceptable de quen representa unha institución en nome dunha organización política abandeirada da igualdade, respecto e dignificación da muller”.

“Supoño que entre imposicións de disciplinas e intereses calará e xustificarase, pero nin iso nin unhas mediocres e hipócritas desculpas corrixen este acto de desprestixio institucional e misóxino”, apunta.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo candidato á alcaldía de Lugo en 2027

O actual portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, será o candidato...

O PSdeG presenta un pacto galego antitransfuguismo no pleno da Deputación

Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se celebrará...

A denunciante de José Tomé ratifícase ante a xuíza e o seu avogado apunta á existencia de máis “posibles vítimas”

A muller que denunciou o alcalde de Monforte e expresidente da Deputación de Lugo,...

Acordo entre Concello de Lugo e sindicatos na Mesa Xeral de Negociación

A alcaldesa de Lugo presidiu esta mañá no Salón de Plenos a Mesa Xeral...