InicioPolíticaLara Méndez admite "problemas de persoal" no Concello, sobre todo na área...

Lara Méndez admite “problemas de persoal” no Concello, sobre todo na área de Urbanismo

O PP pediu unha "auditoría interna" para dirimir o porqué dos atrasos na concesión de licenzas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, afirmou este luns que o goberno local está “a tomar medidas” para solucionar os problemas en materia de persoal do Concello, máis perentorios na área de urbanismo. Unhas declaracións que se producían despois de que o grupo municipal do PP solicitase unha “auditoría interna” que trate de dirimir o porqué dos atrasos na concesión de licenzas.

Méndez recoñeceu que a área de urbanismo é unha das áreas con problemas derivados dese déficit de persoal, que atribuíu a decisións dos gobernos en Madrid do PP de Mariano Rajoy.  Para tratar de resolver esas carencias, lembrou a aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) finalizándose a “de 2015, 2016, 2017, 2018 e 2020”. A de 2019 non se puido executar ao non contarse con orzamentos.

Tamén apelou á creación de “bolsas de emprego”. Lembrou como antes “se tardaba en cubrir unha baixa dous ou tres meses porque tiñamos que facer un proceso selectivo”. “Agora co sistema de bolsas, que en breve estará concluído, xa poderemos facer uso deles dun día para outro e teremos un substituto dun día para outro”, remarcou.

“LEVAMOS SEIS ANOS TRABALLANDO”

Lara Méndez destacou que leva “seis anos traballando” pondo en marcha esa Relación de Postos de Traballo “a pesar das limitacións, porque antes a taxa de reposición estaba nun 50 por cento e agora está no 75 por cento”.

“Ao escoitar isto ao PP, póñenselle a unha os pelos de punta porque a súa irresponsabilidade chega a uns extremos de desvergoña total e absoluta. Cando hai que pór solucións é cando se está gobernando. Se cando se goberna o único é pór trabas para dar solución aos problemas, pois na oposición benvidos sexan que son máis útiles porque polo menos defenden o que defendemos nós cando gobernamos, que é dar solución aos problemas existentes e non crealos”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...