InicioPolíticaFréase a participación e en Lugo baixa lixeiramente respecto do 2016

Fréase a participación e en Lugo baixa lixeiramente respecto do 2016

No conxunto galego, ás 17:00 horas votou o 42,95% do censo, medio punto máis ca no 2016.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A participación nas eleccións autonómicas estáncase tras a suba xeneralizada da franxa horaria da mañá. Se ben daquela se rexistraba un aumento de catro puntos, agora sitúase algo menos de medio punto por riba da participación dos comicios do 2016. No caso de Lugo, ademais, os datos son lixeiramente inferiores: ás 17:00 horas votou o 41,81% do censo, case un punto menos (-0,91%).

Así o indicou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que facilitou o dato no centro de prensa habilitado na Xunta. En Lugo, tan só a Mariña Occidental e a comarca dos Ancares viron incrementada a súa participación.

No conxunto galego, acudiu ás urnas o 42,95% do electorado.  Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...

O PSOE de Lugo esixe a Candia continuar co proxecto de praia fluvial nas Saamasas

O edil socialista Jorge Bustos esixe  a Candia que Lugo non perda os avances...