InicioPolíticaGarcía Egea (PP) pide en Lugo que o PSOE "mire a Galicia"...

García Egea (PP) pide en Lugo que o PSOE “mire a Galicia” como modelo de xestión

O secretario xeral do Partido Popular reclamou que os socialistas abandonen a "deriva frontista" para alcanzar acordos en materia económica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do Partido Popular, Teodoro García Egea, visitou este martes a cidade de Lugo e lanzou críticas ao PSOE, a quen lle pediu que dirixise a mirada cara a Galicia. Ademais, reclamoulle que “abandone esa deriva frontista” que “marcan Podemos e Pablo Iglesias” para poder chegar a acordos en materia económica.

Foi durante unha visita realizada á empresa AMSlab, en Lugo, dedicada aos controis de calidade. Ata alí desprazouse en compañía do secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, e a presidenta do partido na provincia, Elena Candia, en apoio á candidatura de Alberto Núñez Feijóo para ser reelixido como presidente da Xunta nas eleccións do próximo 12 de xullo.

QUE O PSOE “MIRE A GALICIA”

Cuestionado sobre se algún tipo de acordo en materia económica está lonxe de alcanzarse, García Egea dixo que os populares están “no mesmo sitio” e insistiu en que “é o PSOE o que ten que decidir se está con facilitar o acceso á vivenda de mozas e maiores ou en seguir esa deriva que marca Podemos”.

“Seguiremos nesa liña de propostas construtivas, de baixar impostos, de crear as condicións para que os máis vulnerables poidan pasar da mellor maneira esta crise”, recalcou, para valorar que o PP se manterá “nesa moderación, nesa centralidade” e “nese intento de facer as cousas ben”.

“GALICIA, GALICIA E GALICIA”

Non en balde, Teodoro García Egea pediu aos socialistas “que miren a Galicia, onde as cousas se estiveron facendo ben e onde o emprego crece”, o que “permite un oasis de estabilidade”.

Ao fío de todo iso, García Egea puxo como exemplo á Xunta: “Desde que goberna Alberto Núñez Feijóo, sempre creceu a renda per cápita, sempre creceu a renda dispoñible dos galegos e, por tanto, sempre se mellorou a calidade de vida”.

Por iso, instou aos cidadáns da Comunidade a que nos comicios do 12 de xullo “pensen en tres cousas: en Galicia, Galicia e Galicia”; e en que “iso está ligado a que hai que tomar a papeleta de Alberto Núñez Feijóo”.

GALICIA, “OASIS DE ESTABILIDADE”

O secretario xeral do Partido Popular, Teodoro García Egea, pediu este martes aos galegos que o próximo 12 de xullo voten pola reelección de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta, de modo que Galicia poida “seguir sendo ese oasis de estabilidade” e de “boa xestión”, especialmente en “momentos difíciles” como a recente pandemia do coronavirus.

Así se pronunciou o número dous dos populares a nivel estatal, en declaracións aos medios realizadas antes de visitar a empresa de control de calidade AMSlab, en Lugo, a súa primeira parada na campaña das autonómicas. Ata alí desprazouse en compañía de dirixentes do partido como o secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, e a presidenta provincial, Elena Candia, quen figura como número uno nas listas para o Parlamento pola circunscrición.

Neste contexto, e a pesar de que o propio Feijóo non estivo presente –a súa axenda levoulle na tarde deste martes a percorrer a provincia de Pontevedra–, García Egea explicou que en momentos “difíciles” como a pandemia “viuse reforzado o papel daqueles políticos que puxeron a xestión por encima de calquera outra cousa“.

“E Alberto Núñez Feijóo, nestas semanas pasadas, demostrou ser un deses políticos imprescindibles cando veñen momentos difíciles”, subliñou para, seguidamente, instar o voto a un PP que se lanza a por a súa cuarta maioría absoluta consecutiva.

ÚLTIMAS

Tomé, en reunións con Altri e Ulloa Viva: “Fibras téxtiles si, celulosa non”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (PSdeG-PSOE), mantivo este martes dúas reunións con...

Collidos mentres “puenteban” o contador eléctrico dunha vivenda

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron a dúas persoas por manipular os cables de...

Reunión de Altri con empresas forestais de Lugo para presentarlles o proxecto de Palas de Rei

Representantes de Greenfiber, formada pola enerxética Greenalia e a multinacional lusa Altri, reuníronse coa...

Dúas persoas faleceron tras chocar a súa furgoneta cun camión de cereal en Begonte

Dúas persoas faleceron este martes en Begonte ao chocar a furgoneta na que viaxaban cun...