InicioPolíticaO exministro lucense Pepe Blanco enreda nas portas xiratorias ao fichar por...

O exministro lucense Pepe Blanco enreda nas portas xiratorias ao fichar por Enagás

A compañía de gas natural dará entrada no seu Consello de Administración a dous altos cargos do Goberno de Zapatero, entre outros. O de Palas de Rei convertíase en novembro no director executivo dunha consultora de intermediación, pero alegaba que era "unha nova empresa, non unha grande" para defenderse da polémica suscitada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

exministro socialista José Blanco (Palas de Rei) entrará no Consello de Administración da compañía de gas natural Enagás, unha fichaxe que terá que ser ratificada pola xunta xeral de accionistas no mes de xuño.

Fontes da compañía declinaron realizar ningún tipo de comentario respecto da posible entrada no seu consello de administración de Pepe Blanco. O mesmo fixeron coa incorporación doutro exministro do PSOE, José Montilla, e coa de Cristóbal José Gallego, membro da Comisión de Expertos para a transición enerxética impulsada polo Goberno de Mariano Rajoy e do Observatorio Crítico da Enerxía afín a Podemos segundo fontes consultadas por Europa Press.

NOUTRAS EMPRESAS

Pepe Blanco foi ministro de Fomento durante a etapa de Zapatero, entre o 2009 e o 2011, tras ter sido nomeado vicesecretario xeral do PSOE no 2008 e secretario de Organización socialista oito anos antes.

No pasado mes de novembro, Blanco pasaba a converterse no director executivo de Acento Asuntos Públicos, unha consultora de intermediación entre empresas privadas e institucións públicas. Aos ollos do palense, non se trataba dunha porta xiratoria: “Non vou a unha grande empresa, é unha nova”, xustificaba en El Progreso.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...

Excarcerados pai e fillo en Palas de Rei tras envorcar o vehículo no que viaxaban

Un pai e o seu fillo, menor de idade, foron excarcerados en Palas de...

Detido un refuxiado en Becerreá por presuntas agresións sexuais a dúas traballadoras dunha ONG

A Garda Civil detivo a un home, unha das persoas migrantes que acolle a localidade...

“Vas morrer hoxe”: xulgado por ameazar e agredir ao seu xefe

Un home acusado de varios delitos por atacar ao seu empregador cun coitelo e...