InicioPolíticaA Deputación de Lugo chama a "traballar" con unidade na recuperación económica

A Deputación de Lugo chama a “traballar” con unidade na recuperación económica

"Temos que aproveitar, ademais, a situación xerada para aprender da experiencia e mellorar as características do noso Estado do Benestar, do noso mercado laboral e do noso tecido produtivo" di nun comunicado o ente provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo apelou á unidade para “traballar” na recuperación socioeconómica e laboral, nun comunicado que fixo público coincidindo coa celebración do Primeiro de Maio.

“Xuntos estamos a loitar contra unha situación sanitaria inédita e xuntos debemos traballar pola recuperación socioeconómica e laboral da nosa provincia e do conxunto do país”, afirma.

Respecto diso, sostén que “só unindo esforzos conseguiremos que a paulatina volta á normalidade non deixe a ninguén atrás e que o tempo da recuperación da actividade económica sexa o menor posible”.

“Temos que aproveitar, ademais, a situación xerada para aprender da experiencia e mellorar as características do noso Estado do Benestar, do noso mercado laboral e do noso tecido produtivo”, afirma ao reivindicar un modelo “sólido” con servizos públicos de “calidade”, así como un sistema de protección social “que non deixe á cidadanía á súa sorte”.

Por outra banda, traslada un recoñecemento “a todas as persoas traballadoras que faleceron a consecuencia da pandemia do coronavirus“. “Do mesmo xeito, merecen unha mención especial todos aqueles traballadores e traballadoras aos que a crise de laCOVID-19 obrigou a facer un esforzo especial”, indica en alusión a persoal sociosanitario, de limpeza, agroalimentario ou do transporte, entre outros.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...