InicioPolíticaO alcalde de Pol incumpre o confinamento e o PP pide a...

O alcalde de Pol incumpre o confinamento e o PP pide a súa dimisión

O socialista Lino Rodríguez asegura que se desprazou para levarlle un medicamento a unha veciña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Pol, o socialista Lino Rodríguez, enfróntase a unha proposta de sanción por incumprir o confinamento no marco do estado de alarma.

Así o confirmaron fontes consultadas con Europa Press. Mentres, fontes da Subdelegación do Goberno en Lugo, que terá que pronunciarse, asegurou que polo momento non recibiu a proposta.

O rexedor, consultado por Europa Press, rexeitou facer calquera tipo de declaración. Con todo, si trasladou á Cadena COPE, segundo recolle na súa páxina web, que foi interceptado por unha patrulla da Garda Civil cando regresaba de casa dunha veciña do municipio, onde supostamente se achegou para darlle unha medicación.

Segundo a versión do alcalde, recollida por Cope, Rodríguez explicoulles aos axentes o motivo do seu desprazamento e mesmo lles mostrou a súa acreditación como rexedor. Tal como conta, marchou do lugar sen ser consciente de que ía ser denunciado.

O PP PIDE A SÚA DIMISIÓN

Pola súa banda, o PP de Pol emitiu un comunicado no que pide a dimisión do rexedor por non respectar as restricións do estado de alarma. Os populares censuraron a actitude do rexedor, pois debería ser “o primeiro en dar exemplo ante os seus veciños”.

Neste sentido, ven “moi grave” esta forma de actuar e subliñan que as manifestacións coas que tentou xustificar “a súa saída” ante axentes da Garda Civil, “dicíndolles que era o alcalde, constitúen “unha irresponsabilidade persoal e política”.

Os populares consideran que o alcalde debería pedir “desculpas públicas” e instan ao PSdeG a “tomar cartas no asunto”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...