InicioPolíticaG. Caballero denuncia a "Galicia baleirada" que deixou o mandato de Feijóo

G. Caballero denuncia a “Galicia baleirada” que deixou o mandato de Feijóo

Xunto ao candidato socialista á Xunta estivo tamén a plataforma 'Galicia Baleira', que advertiu de que o "problema é tan serio" que se non se toman medidas a Galicia interior "non terá futuro".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero, denunciou que baixo o mandato de Alberto Núñez Feijóo a Galicia rural “está cada vez máis baleirada” e prometeu un “tempo novo” para ela cunha “aposta clara” pola educación pública, a sanidade e a atención aos maiores combinada cunha “política económica” e de vertebración do territorio que poña “a prioridade nas persoas”.

Gonzalo Caballero mantivo este mércores unha reunión coa plataforma Galicia Baleira, que aglutina 400 asociacións de veciños das provincias de Lugo e Ourense, para mostrar o seu compromiso co medio rural. No encontro, ademais, participaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e os secretarios provinciais do PSOE en Lugo e Ourense, Patricia Otero e Rafael Rodríguez Villarino, respectivamente.

O dirixente socialista lamentou que os 11 anos de Feijóo “deixan unha Galicia sen vertebración territorial”, posto que o PP “se esquece de conectar co impulso urbano e de apoiar o rural”. “Non podemos ter unha Galicia a dúas velocidades”, recalcou, consciente de que no interior fan falta servizos públicos e emprego.

“Hai que meter a marcha cara ao futuro, a Galicia do medio rural ou pode ir a ralentí como vai con Feijóo“, incidiu o candidato socialista á Presidencia da Xunta, que ejemplificou no caso do peche do paridoiro de Verín a “falta de compromiso de Feijóo coa Galicia interior”.

AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO RURAL E REVITALIZACIÓN DEMOGRÁFICA

As “chiscadelas” que pretende facer en campaña ao rural, advertiu, non ocultarán o “despoboamento” e a “falta de oportunidades” actual. Fronte a iso, destacou que os socialista apostan por coller o “mellor” do modelo escocés para deseñar unha axencia de desenvolvemento do rural e de revitalización demográfica.

Segundo sinalou Gonzalo Caballero, se goberna, este órgano dependerá directamente da Presidencia da Xunta e será a “garantía dunha política transversal” e da “defensa dos dereitos do rural”.

PLATAFORMA GALICIA BALEIRA

Na rolda de prensa, ademais, o presidente da plataforma Galicia Baleira, Jesús Vázquez, advertiu de que o “problema é tan serio” que se non se toman medidas a Galicia interior “non terá futuro”. Así, lembrou que “hai 70 anos” a provincia de Lugo contaba con “180.000 habitantes máis” que nestes momentos, perda de poboación similar á que rexistra tamén Ourense.

Para facer fronte a esta situación, conforme sinalou, a súa plataforma propón 25 medidas entre as que se inclúe a necesidade de dotar de servizos o rural, así como dunhas infraestruturas dignas do “século XXI”.

“Para vivir no rural tamén hai que ter emprego, non pode ser que os nosos mozos se estean formando e marchando fóra“, manifestou para pedir tamén o fomento dos produtos galegos. Neste sentido, reclamou unha “discriminación positiva” para a Galicia interior que permita dotar estas provincias de “fondos” para combater a “secuela da poboación”.

“En esencia, o noso movemento trata de combater que Galicia chegue a estar baleira e que aproveite os seus recursos, a formación dos seus mozos e que teñamos futuro porque agora mesmo témolo francamente complicado”, censurou.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...