InicioSociedade'Galicia Baleira' presenta en Lugo vinte medidas para combater o despoboamento rural

‘Galicia Baleira’ presenta en Lugo vinte medidas para combater o despoboamento rural

Intégrase na plataforma 'España Vaciada' e demanda incentivos fiscais e máis servizos para quen elixan vivir no rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma ‘Galicia Baleira’, que compoñen a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, e a Federación Limiar de Ourense, integráronse na da ‘España Vaciada’.

Así o comunicou o presidente da de Lugo, Jesús Vázquez, durante un encontro que mantiveron representantes de ambas as asociacións coa alcaldesa, Lara Méndez no Consistorio, e na que tamén anunciou que en breve visitará a cidade unha representación do colectivo ‘Teruel Existe’ con máis de vinte anos de “experiencia” e que colabora coa da ‘España Vaciada’.

Vázquez resumiu que “o diagnóstico está claro: estamos a perder poboación, cada vez somos menos e cada vez somos máis vellos“. “Necesitamos servizos e imos adiantar vinte medidas para asentar poboación no rural”, sinalou, a continuación.

En concreto, apuntou que unha das medidas polas que traballarán consiste en “incentivar a aquelas persoas que queren vivir no interior”, copiando o que está a facer Goberno portugués. Así, avanzou que demandarán “incentivos fiscais”.

E é que, ao seu modo de ver, “non ten sentido que, por exemplo, un autónomo do rural pague exactamente o mesmo que un autónomo do centro da cidade, ou da Castellana (Madrid)”. Outro aspecto que non pasa desapercibido para a nova plataforma é a necesidade de “implementar” servizos no rural.

“AXUNTAR ESFORZOS”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, apelou á necesidade de “axuntar esforzos e forzas por esa Galicia baleirada, por ese rural galego e no Concello de Lugo tampouco somos alleos porque de 330 quilómetros que ten o noso concello máis do 80 por cento é zona rural”.

Pola súa banda, o presidente da Asociación Limiar de Ourense, Manuel Mosquera, referiuse á importancia do termalismo. “E as políticas que se están facendo co termalismo non son reais, está a gastarse moito diñeiro pero non son medidas reais. A ver si nos centramos un pouquiño e deixamos de xogar a políticos e facemos proxectos reais, e logo tamén infraestruturas e servizos”, reivindicou.

Tamén se reuniron coa subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...