InicioPolíticaElena Candia (PP) apoia o adianto electoral do 5-A para "evitar campañas...

Elena Candia (PP) apoia o adianto electoral do 5-A para “evitar campañas interminables”

A presidenta do PP de Lugo dubida que a data do 5-A fora "a idea inicial" de Feijóo, pero cre que a tal momento é a decisión "máis intelixente e menos prexudicial para Galicia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

As reaccións ao adianto electoral anunciado este luns polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non tardaron en chegar. A presidenta do PP de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xustificou o adianto das autonómicas en Galicia para o 5 de abril co fin de “evitar campañas interminables”.

“Entendo e comparto a maioría dos argumentos que deu o presidente”, afirmou este martes Candia. “Creo que hai que evitar, na medida do posible, as campañas interminables nunha situación tan excepcional como a que estamos a ter nos últimos tempos”, argumentou.

Ademais, a líder dos populares de Lugo confesou estar “moi comprometida” co proxecto de Feijóo “e preparada para tentar manter o mesmo resultado” de 2016, ano no que o PP de Lugo obtivo oito parlamentarios autonómicos.

“PROBABLEMENTE NON FORA A SÚA IDEA INICIAL”

“É un momento moi importante para Galicia e para a nosa provincia. Require todo o noso compromiso e todo o noso traballo”, sostivo. Ademais, Elena Candia incidiu en que comparte “o que Feijóo explicaba”, aínda que matizou que “probablemente” a convocatoria adiantada de eleccións “non fora a súa idea inicial”. “Pero unha vez que se desencadea o que se desencadeou, si que entendo que é a opción máis intelixente e menos prexudicial para Galicia”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...