InicioLugo e contornaLugoGonzalo Caballero asegura que para que "Lugo progrese" é necesario "un goberno...

Gonzalo Caballero asegura que para que “Lugo progrese” é necesario “un goberno socialista forte en España”

O líder do PSdeG presentou as candidaturas pola provincia para os próximos comicios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que para que “Lugo progrese” necesítase un “goberno socialista forte en España” tras as eleccións xerais do próximo 10 de novembro. Así o defendeu durante a presentación este martes da candidatura socialista pola provincia para os próximos comicios estatais, un acto no que tamén participou a alcaldesa da cidade, Lara Méndez.

Neste escenario, o líder dos socialistas galegos puxo en valor os investimentos feitos polo goberno de Pedro Sánchez nesta provincia para “desfacer o mundo das mentiras no que vive o PP de Lugo”.

Todos os grandes proxectos de Lugo están en marcha con Sánchez, mentres o PP de Lugo non fixo máis que entorpecer os avances desta provincia”, manifestou.

Así, entre outras cuestións, puxo en valor o impulso ás infraestruturas tanto na cidade como en toda a provincia, como o tramo Arzúa-Lavacolla da A-54 entre Lugo e Santiago ou o avance na Autovía da Mariña (A-74), que superou o trámite de información pública cunha licitación de 240 millóns.

“RISCO DE INVOLUCIÓN”

Ao fío disto, o xefe de filas do PSdeG advertiu de que o próximo 10 de novembro está en xogo o “modelo de país” e asegurou que, fronte aos socialistas, só está a “coalición das tres dereitas dirixida ideoloxicamente por Vox e Abascal”.

“Supoñen un risco de involución para o país e pon en cuestión o dereito ao aborto, a loita contra a violencia machista ou o dereito a unha morte digna e avances sociais importantísimos”, indicou.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...