InicioPolíticaO PSdeG relega dos postos de saída nas listas á que fora...

O PSdeG relega dos postos de saída nas listas á que fora deputada por Lugo Sonsoles López

A política era afín ao que fora secretario provincial dos socialistas lugueses, Álvaro Santos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comisión Federal de Listas ratificou as candidaturas que o Partido Socialista presentará ás eleccións xerais polas provincias galegas, na que o único cambio é a caída da que fora deputada por Lugo, Sonsoles López, dos postos de saída.

En concreto, esta política lucense que era afín ao que fora secretario provincial do PSOE de Lugo Álvaro Santos –cargo do que dimitiu alegando diferenzas coa dirección do PSdeG– caeu do número dous da lista ao Congreso por Lugo ao terceiro posto.

O PSdeG informou de que a decisión se tomou a petición da dirección provincial do PSOE, que solicitou situar ao que fora candidato á Alcaldía do Corgo, Javier Cerqueiro, no número dous.

Este é a única modificación nas listas aprobadas por Comité Federal de Listas, órgano encargado de ratificar as candidaturas que o Partido Socialista presenta aos distintos procesos electorais.

Ademais, con este cambio, os socialistas galegos recuperan o formato cremalleira para todas as candidaturas ao Congreso, que encabezan catro mulleres.

Deste xeito, o Partido Socialista mantén as cabezas de lista das pasadas eleccións do 28 de abril. En concreto, o número un ao Congreso polas provincias galegas foron Pilar Cancela (A Coruña), Ana Prieto (Lugo), Olga Alonso (Pontevedra), Mariña Ortega (Ourense).

Pola súa banda, encabezaron as candidaturas ao Senado Antonio Vázquez Lorenzo (A Coruña), César Mogo (Lugo), Modesto Pose (Pontevedra) e Juan Carlos Francisco Rivera (Ourense).

LISTA COMPLETAS

Por Lugo, concorrerán ao Congreso Ana Prieto (1), Javier Cerqueiro (2), Sonsoles López (3), e Daniel Castro (4). Ademais, forman a candidatura ao Senado César Mogo (1), Pilar García Porto (2) e José Luís Raposo (3).

“CANDIDATURAS COMPROMETIDAS”

Tras coñecerse a ratificación das listas, o secretario de Organización do PSOE na provincia de Lugo, Juan Valiño, destacou que os socialistas presentan “candidaturas comprometidas para defender os intereses de todos os lucenses e da provincia”.

Ademais, destacan que Javier Cerqueiro foi coordinador do grupo provincial de Pedro Sánchez na campaña das primarias.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...