InicioPolíticaO BNG quere atar un acordo de goberno antes da investidura na...

O BNG quere atar un acordo de goberno antes da investidura na Deputación

Prevese que o alcalde de Monforte, José Tomé, sexa nomeado presidente este xoves, pero os nacionalistas avogar por deixar claro un acordo de goberno antes diso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG avoga por selar o acordo de goberno cos socialistas na Deputación de Lugo antes do próximo xoves, xornada para a que está convocada o pleno de investidura da institución provincial.

O deputado provincial electo do BNG Efrén Castro informou de que o pasado venres ambas formacións mantiveron unha “primeira toma de contacto” nunha reunión que este edil sarrián describe como “bastante cordial”. Castro destacou que socialistas e nacionalistas retomarán esta tarde as negociacións co obxectivo de chegar a un acordo antes do pleno de constitución.

“Parece que poden avanzar ben (as negociacións), pero o do venres foi unha primeira toma de contacto e hoxe pola tarde volvemos ter unha reunión co PSOE para ver si avanzamos na formación de goberno”, sostén.

Conforme sinalou, “o obxectivo das negociacións é que estean pechadas antes da investidura” do xoves, na que se prevé que o alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, sexa investido presidente pola suma de dez deputados do PSOE, tres do BNG fronte a doce do grupo maioritario que volve ser o PP.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...