InicioPolíticaJosé Tomé busca recuperar "a imaxe seria" da Deputación

José Tomé busca recuperar “a imaxe seria” da Deputación

O alcalde de Monforte quere, como presidente, que esta institución "deixe de ser noticia por cousas que non son as que lle corresponden".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé, manifestou hoxe a súa intención de conformar un goberno provincial que achegue estabilidade á Deputación e que esta institución “deixe de ser noticia por cousas que non son as que lle corresponden, recuperando así unha imaxe seria e correcta”.

Así o dixo despois de coñecer que a comisión federal de listas do Partido Socialista deu luz verde ao rexedor para que sexa o aspirante a presidir a Deputación, un cargo que ata agora ostenta o alcalde da Pontenova, Darío Campos.

Tomé mostrouse disposto “a abrir unha nova etapa na Deputación, contando co bo equipo conformado polos socialistas”, e chegando a acordos co BNG, para constituír “un goberno de progreso”.

Antes de iniciar negociacións cos nacionalistas, explicou que “deberá establecerse un marco xeral en Galicia, un acordo xeral para as tres deputacións e, despois, en cada provincia, deseñar un acordo específico”. Así, os primeiros pasos corresponden ás formacións políticas a nivel autonómico, e do que se trata é de “chegar a acordos que acheguen estabilidade ao goberno da Deputación”, insistiu.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...