InicioLugo e contornaO PSdeG xa ten nomes de alcaldes para a deputación

O PSdeG xa ten nomes de alcaldes para a deputación

Darío Campos anuncia a volta da rexedora de Viveiro, María Loureiro, e a repetición de Argelio Fernández, alcalde da Fonsagrada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo en funcións, Darío Campos, anunciou este venres que a rexedora socialista de Viveiro, María Loureiro, volverá á corporación provincial como deputada despois de que en maio de 2016 deixase este órgano por ser acusada de prevaricación administrativa. Acusación da cal posteriormente sería absolta.

Así o expresou Darío Campos na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu goberno. Así, asegurou que xa houbo “reunións” cos socialistas da Mariña e a zona de montaña para a conformación do grupo do PSOE na corporación provincial.

Deste xeito, adiantou que repetirá, ademais del mesmo e da rexedora de Viveiro, o actual vicepresidente da Deputación en funcións e alcalde tamén da Fonsagrada tamén en funcións, Argelio Fernández Queipo.

Sobre as conversacións co BNG para armar o goberno provincial volveu a insistir en que se producirán unha vez teñan decididos os deputados provinciais. “Primeiro imos formar equipo e despois xa falaremos“, resolveu Darío Campos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...