InicioLugo e contornaLugoA CSIF comeza a esixirlle cousas ao BNG, a pesar de que...

A CSIF comeza a esixirlle cousas ao BNG, a pesar de que non está no goberno de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sindicato CSIF espera que o Concello de Lugo deixe “de ser diferente a calquera outra administración”, porque aínda non foi capaz de implantar un sistema de control horario “eficaz e fiable” para os traballadores públicos, e insta ao BNG, “o que parece que vai ser” o “novo socio de goberno” de Lara Méndez, a poñer “mesura e cordura” en relación con este tema.

De feito, o sindicato pídelle ao BNG que “esixa a inmediata posta en funcionamento dos aparellos” para exercer o control horario dos funcionarios municipais, un sistema pago “con fondos públicos”, que foi “instalado fai máis dunha década”, pero nunca chegou a funcionar.

O sindicato pregúntase “como é posible que en pleno século XXI o Concello de Lugo sexa a única administración pública que aínda non dispón” dun sistema de “control horario para os seus traballadores”.

Na mesma liña, tamén cuestionaba “como unha administración pública pode gastarse miles de euros dos contribuíntes na compra e instalación do sistema para levar a cabo ese control horario e, despois de máis de dez anos, siga sen ser posto en funcionamento”. O sindicato lémbralle á alcaldesa que é “unha norma estatal do seu propio partido” a que obriga a “implantar ese control horario para os seus traballadores”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...