InicioOpiniónDiario da desescalada: o temor aos rebrotes

Diario da desescalada: o temor aos rebrotes

"Que os emigrantes que pasan aquí as vacacións ou os turistas traian con eles o coronavirus é algo posible e por iso causa temor. Temor pola saúde propia e tamén temor a ter que volver pasar de novo por todo este proceso"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Andrés Pavón | O principal indicador de que todo regresa é a cantidade de coches. As estradas acollen infinidade de vehículos e a densidade de tráfico na vila de Chantada xa é de novo equiparable á de Madrid ou Barcelona, como era antes da COVID-19. De aparcar en determinadas zonas a determinadas horas xa nos podemos ir esquecendo. Igualiño que ata marzo.

Con tantas horas de luz, é lóxico que nos botemos á rúa. E, levados por unha emoción que xa debera ser menos, pode que nos saltemos a distancia de seguridade ou que fagamos algún corro innecesario. Algo probablemente inevitable e que será competencia das forzas de seguridade ou das forzas vivas que nos vixian sen que nos decatemos.

O que se percibe, sobre todo entre os donos dos establecementos hostaleiros e comerciais pero tamén nas conversas da rúa, é un indisimulado temor a que a ameaza se volva presentar no verán. Que os emigrantes que pasan aquí as vacacións ou os turistas traian con eles o coronavirus é algo posible e por iso causa temor. Temor pola saúde propia e tamén temor a ter que volver pasar de novo por todo este proceso de confinamento e desescalada.

Podes ler o artigo completo de Andrés Pavón no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...