InicioMovementos sociaisRomper barreiras de xénero, chamado da Deputación no Día Internacional da Muller...

Romper barreiras de xénero, chamado da Deputación no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, recalcou que “hoxe queremos dar visibilidade ao traballo de mulleres referentes no ámbito científico, mulleres que, como Cintia, desempeñan un papel fundamental na comunidade científica"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, inaugurou este mércores xunto á edil de Muller e Igualdade do Concello de Lugo, Ángeles Novo, a charla Muller na ciencia, impartida pola bióloga e investigadora lucense Cintia Folgueira. Esta cita, que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e á que asistiron uns 150 alumnos e alumnas de terceiro e cuarto curso da ESO dos colexios FEC San José e Fingoi, enmárcase dentro da programación organizada pola área de Igualdade do Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada 11 de febreiro.

Marisol Morandeira recalcou que “hoxe queremos dar visibilidade ao traballo de mulleres referentes no ámbito científico, mulleres que, como Cintia, desempeñan un papel fundamental na comunidade científica. O seu exemplo axúdanos a entender a importancia de contar con referentes femininos nun ámbito no que durante moito tempo as mulleres foron invisibilizadas ou tiveron que superar máis obstáculos para facer valer o seu talento”.

Nesta liña, fixo especial fincapé no “camiño que queda por recorrer” destacando que “aproximadamente só 1 de cada 3 investigadores científicos son mulleres; a porcentaxe de mulleres que se gradúan en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría ou matemáticas está no 35% e os postos de maior responsabilidade ocupados por mulleres seguen sendo unha clara minoría: só o 10%”.

Para igualar estas cifras e lograr un ámbito científico máis xusto e igualitario, é fundamental apoiar o talento das nenas e mozas, ofrecervos referentes femininos nos que inspirarvos, e garantir que todas as persoas poidan seguir a súa vocación científica sen limitacións nin estereotipos”, finalizou.

Pola súa banda, Ángeles Novo avanzou que “é importantísimo conmemorar esta xornada por todas as complicacións que tivemos as mulleres ao longo da historia”. Agradeceu tamén a colaboración de Cintia Folgueira “unha investigadora destacada no estudo dos mecanismos que regulan o metabolismo enerxético; forma parte da Academia Joven de España; é Doutora en endocrinoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela”.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...