InicioMovementos sociaisTraballadoras de residencias privadas mobilízanse en Lugo en demanda dun convenio digno

Traballadoras de residencias privadas mobilízanse en Lugo en demanda dun convenio digno

PUBLICADA O

- Advertisement -

O persoal das residencias privadas de Galicia continúa coas súas mobilizacións en demanda dun convenio colectivo que mellore as súas condicións laborais e salariais. Este venres tiveron lugar protestas na Coruña e Lugo, organizadas por CIG-Servizos, para reclamar tamén un modelo de coidados que priorice o benestar das persoas sobre o beneficio económico das empresas.

Na provincia de Lugo, a concentración realizouse diante da residencia Póboa de San Xiao, en Láncara, xestionada pola empresa Serge. Pola súa banda, na Coruña, o persoal percorreu en manifestación o traxecto desde a residencia Domus V da Cidade Vella ata as oficinas da Fundación Amancio Ortega no Obelisco.

A central sindical anunciou que a seguinte mobilización terá lugar o 28 de febreiro na provincia de Pontevedra, dentro do calendario de accións reivindicativas que se están levando a cabo para desbloquear as negociacións do convenio colectivo.

As delegadas da CIG denuncian que, tras a firma do último convenio (2020-2023) por parte de CCOO e UXT, os salarios perderon un 7,8% do seu poder adquisitivo, xa que se pactaron subas inferiores ao IPC real.

“O 70% do persoal das residencias privadas galegas, unhas 12.000 traballadoras, cobran por baixo do Salario Mínimo Interprofesional (SMI)“, advertiu o secretario de Negociación Colectiva de CIG-Servizos, Adolfo Naya.

Ademais, a CIG reclama a intervención da Consellería de Política Social ao considerar que, como administración responsable do sector, debe tomar medidas para garantir melloras nas condicións laborais e salariais das traballadoras.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...