Home Lugo e contorna Lugo (Vídeo) Guindan pintura vermella e pegan cartaces nas sedes de PP, PSOE e Vox en Lugo para denunciar o “xenocidio palestino”

(Vídeo) Guindan pintura vermella e pegan cartaces nas sedes de PP, PSOE e Vox en Lugo para denunciar o “xenocidio palestino”

0
(Vídeo) Guindan pintura vermella e pegan cartaces nas sedes de PP, PSOE e Vox en Lugo para denunciar o “xenocidio palestino”
Pintura vermella na sede do PP de Lugo para denunciar o xenocidio en Gaza, Palestina / remitida

As sedes lucenses dos partidos políticos PSOE, PP e Vox apareceron con pintadas tras unha acción reivindicativa realizada durante a madrugada por activistas que denuncian o “xenocidio do pobo palestino”.

Así, varios activistas encarapuchados guindaron pintura vermella e realizaron pintadas denunciando a actuación que o exército israelí está realizando na fraxa. 

Lugo por Palestina denuncia que esta acción se debe a que estes partidos votaron en contra ou abstivéronse no Congreso dos Deputados ou no Parlamento Europeo de frear o comercio de armas con Israel e cortar as relacións diplomáticas e comerciais.

Polo momento, as accións de Israel acabaron con 31.000 persoas asasinadas e 7.000 desaparecidas baixo os cascallos, o que sería unha terceira parte da poboación de Lugo. “Isto sen esquecer as innumerables persoas presas nos cárceres do estado sionista pechadas e torturadas, incluídas crianzas”, denuncian os activistas.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here