InicioSucesosDetidas 5 persoas por trapicheo de cocaína e viagra nos barrio de...

Detidas 5 persoas por trapicheo de cocaína e viagra nos barrio de Recatelo e A Piringalla, entre outros

Ademais, nos rexistros atopáronse varios obxectos furtados que permitiron esclarecer ata o momento sete roubos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Nacional detivo a cinco persoas integrantes dunha banda organizada que se dedicaba ao trapicheo de cocaína e pastillas de viagra na cidade de Lugo. Ademais, nos rexistros atopáronse varios obxectos furtados que permitiron esclarecer ata o momento sete roubos. Segundo informa a Policía nun comunicado, os detidos son catro homes e unha muller. O máximo responsable da trama foi enviado a prisión pola autoridade xudicial.

A investigación iniciouse hai varias semanas ao detectar vendas de sustancias estupefacientes no barrio de Recatelo. Así, tense coñecemento da existencia dunha rede que distribuía papelinas por toda a cidade. O responsable da trama facilitaba a droga aos tres distribuidores repartidos nos barrios de Recatelo e A Piringalla, con vendas tamén nunha das rúas adxacentes á avenida da Coruña.

Nos rexistros domiciliarios interviñéronse un quilo de cocaína e diferentes sustancias como 200 pastillas para disfunción eréctil, así como material de manipulación, papelinas preparadas para a venda, balanzas de precisión, teléfonos móbiles e sustancias de corte para a droga, entre outros.

Igualmente, nos rexistros atopáronse diferentes obxectos relacionados con roubos realizados na cidade desde finais do pasado ano, polo que se lles imputa aos titulares da vivenda onde foron localizados un delito de receptación. De tal forma, puidéronse esclarecer ata o momento sete roubos con forza, pero crese que superan a decena. Espérase ao longo da semana poder identificar todos os obxectos e os seus lexítimos propietarios. En concreto, recuperáronse ordenadores, videoconsolas, material de mecánica e trades.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...