InicioMovementos sociaisLugay: festa pola tolerancia, colofón dun ano de reivindicacións

Lugay: festa pola tolerancia, colofón dun ano de reivindicacións

O Colectivo ALAS celebra o éxito da Semana Lugo Diverso e redefine o seu calendario a prol da igualdade e a liberdade identitaria, afectiva e sexual

PUBLICADA O

- Advertisement -

Marcos Fernández Trigo, de ALAS Lugo, explica os atractivos dun festival consolidado na cidade, e que nesta edición conta cun cartel de sona, con referentes históricos do colectivo e novos talentos. Este sábado, primeiro de setembro, Lugay despregará toda a súa enerxía na Praza Maior, nun proceso de transición que redefinirá o calendario reivindicativo tralo éxito da Semana Lugo Diverso.

Do mesmo xeito que a Semana e o Día do Orgullo, o Lugay é máis ca unha festa: é unha reivindicación.

O Lugay hai anos que está enfocado a ser un festival da tolerancia. Nun principio, o Lugay, como indica a propia denominación, era a celebración do Día do Orgullo. Este ano, como o Concello e a Deputación xunto cos colectivos organizaron a Semana de Lugo Diverso, decidimos aproveitar para facer este festival a primeira semana de setembro.

Loxicamente, o Lugay xa non é o Día do Orgullo, porque xa se fixo na Semana Lugo Diverso, pero é un festival de temas semellantes: contra a discriminación do colectivo e a prol da tolerancia. Este ano o Lugay é a primeira fin de semana de setembro, mais estamos pensando en trasladalo para o 17 de maio, Día Mundial contra a LGTBfobia. O máis probable é que o festival cambie de data para o vindeiro ano, xa que o Concello e a Deputación comprometéronse cos colectivos a seguir organizando unha semana completa para dar máis visibilidade a esta cuestión.

Como foi o recibimento de edicións pasadas do Lugay?

Moi ben, nós en Lugo non temos queixa. O único é que o noso orzamento dá só para un día de celebración con actos lúdico-festivos. Estes eventos sempre atraen a todo tipo de xente: todos os anos na Praza Maior, en torno ás dez da noite, vemos papás cos fillos de un ou dous anos, ata xente de setenta, oitenta anos ou máis, pero tampouco vou a ir preguntando a idade á xente!

Cartaz do Lugay 2018

Sempre atrae á xente da cidade, pero tamén doutras provincias, sobre todo de Vigo e A Coruña. Agardamos que enchen a Praza Maior, en outras edicións sempre houbo un gran recibimento da cidadanía de Lugo e polos que se achegan dende fóra.

En que consistirá Lugay 2018? Que atractivos despregará?

As actuacións soen ser sempre o máis atractivo porque son un espectáculo. Hai vozarróns en directo coma o de Enrique Ramil, que acaba de saír de Factor X: quedou semifinalista cunha voz prodixiosa e única no mundo. Vén La Ogra Que Todo Lo Logra, unha artista cómica con videos en Youtube, cancións con millóns de reproduccións, coma Te borro del Feisbuh, algo moi viral, pegou un pelotazo. Está recén chegada de México, onde estivo de xira, ía para un mes pero causou tal sensación que leva case un ano ao outro lado do charco.

Por vez primeira en Lugo –hai pouco que volveu aos escenarios–, temos como novidade a Diossa, de Diossa y Malyzzia, as dúas primeiras drag coñecidas en España; un dúo cómico de finais dos oitenta, comezos dos noventa, apoiado por Alaska, por Aghata Ruíz de la Prada, que lles fixo deseños. Diossa vén a Lugo porque hai un ano que voltou aos escenarios, vén a presentar o novo disco co seu selo principal, Mi sitio, unha canción que recobra a posición dun mito, dun referente. Logo da disolución do grupo, a comezos dos dous mil, adicouse a escribir –ten cinco libros publicados–, a ampliar o seu completo currículo, e dende hai uns meses aparece moito en televisión. É unha xoia, a experiencia é o que ten.

Las Supremas de Lugo veñen tamén de Factor X, xa son coñecidas aquí e no mundo enteiro. E o evento estará presentado por Señora Paca, que foi a gañadora do concurso que se afianza en San Froilán, Miss Deusa, de travestis, dragqueens e transformismo. É a gañadora da edición do ano pasado deste concurso, que se organizará tamén este ano entre o 4 e o 12 de outubro. Este é o elenco co que contamos este ano.

Que significa Lugay dentro de toda a programación que facedes dende o Colectivo ALAS durante todo o ano?

Para nós sempre é o colofón de todas as actividades que realizamos durante o ano. Por tema de tempo e dispoñibilidade tampoco é que fagamos moitas actividades, por desgraza; agora, coa nova directiva, esperamos poder facer máis cousas. O Lugay era a celebración do Orgullo e agora é o colofón dun ano de programación e traballo. Sempre, por cartel, sempre deixabamos o Lugay para decembro; era o xeito atraer a máis xente e diferenciarnos a nivel artístico das cidades que celebran esta ocasión a semana antes que Madrid e que contan con moito máis orzamento. Agora, en setembro, xa se resetea o ano, comezando co Miss Deusa no San Froilán ata a Semana do Lugo Diversa.

Víctor Gutiérrez: “Arrepíntome de non dicir antes que son homosexual”

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...