InicioLugo e contornaA couza guatemalteca: os agricultores da zona tampón teñen ata maio para...

A couza guatemalteca: os agricultores da zona tampón teñen ata maio para declarar cultivo de pataca

Os concellos afectados na provincia son Abadín, Alfoz, A Pontenova, A Pastoriza, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE- Os agricultores da zona tampón establecida para evitar a expansión da praga da couza guatemalteca teñen de prazo desde mañá até o próximo 31 de maio para presentar a súa declaración de cultivo de patacas, de acordo cunha resolución da Consellería do Medio Rural que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).

En virtude desa resolución, a Xunta de Galicia tamén prorroga todas as medidas fitosanitarias establecidas para a erradicación e control da praga. Mantén a prohibición de cultivar pataca nas zonas infectada ata que transcorran dous anos desde a última captura de insectos nas trampas colocadas.

A día de hoxe, os municipios infectados na provincia de Lugo son Abadín, Alfoz, A Pontenova, A Pastoriza, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove. A zona tampón tamén ocupa unha franxa de 5 quilómetros no límite cos municipios infectados, de modo que afecta a parcelas dos municipios de Xermade, Muras, Vilalba, Cospeito, Castro de Rei, Pol, Meira, Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.

No caso da Coruña, estas medidas inclúen os concellos da Capela, Ares, As Pontes, Cabanas, Cariño, Fene, Ferrol, Mañón, Mugardos, Muxía, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño. A maires, tamén se considera zona tampón toda a extensión dos municipios das Somozas, Cedeira, Cerdido e Moeche, ademais dunha franxa de 5 quilómetros limítrofe cos municipios infectados, que afecta a Pontedeume, Monfero, Vilarmaior, Miño, Cee, Corcubión, Camariñas, Carnota, Dumbría, Fisterra e Vimianzo.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...