InicioMedioambiente e PatrimonioLanzan unha campaña de recadación para recorrer un parque eólico na Fonsagrada...

Lanzan unha campaña de recadación para recorrer un parque eólico na Fonsagrada e Os Ancares para fornecer a Alcoa

A asociación ecoloxista Adega lanza unha campaña de recadación para recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o polígono eólico 'Restelo', que prevé a instalación de seis aeroxeradores de 200 metros de altura en Navia de Suarna, Baleira, Becerreá e A Fonsagrada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación ecoloxista Adega lanza unha campaña de recadación para recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o polígono eólico ‘Restelo’, proxectado na comarca dos Ancares e A Fonsagrada. A organización informa de que necesita reunir 6.800 euros para cubrir os custos derivados da presentación do recurso de alzada no organismo correspondente e o recurso contencioso-administrativo no TSXG contra a autorización administrativa previa e a de construción deste proxecto, ademais da elaboración do informe técnico ambiental e da solicitude de paralización cautelar das obras.

‘Restelo’ prevé, segundo os ecoloxistas, a instalación de seis aeroxeradores de 200 metros de altura en Navia de Suarna, Baleira, Becerreá e A Fonsagrada. Está promovido por Greenalia Wind Power e foi deseñado para fornecer ao complexo industrial de Alcoa San Cibrao. “Todo apunta a que se trata dun novo caso de fragmentación artificial dun único proxecto eólico (Restelo, xunto con Monteiro e Pena do Pico, moi próximos e que comparten liña de evacuación), articulando coa finalidade de minimizar os impactos do proxecto no procedemento de avaliación ambiental, o que podería tratarse dunha fraude de lei”, avisa Adega.

Segundo advirte, de saír adiante, emprazaríase “a escasos” 5,5 quilómetros da zona de especial conservación Ancares-Courel e a menos de 2 quilómetros da proposta para integrar a ampliación da Rede Natura 2000, en concreto, do novo lugar de interese comunitario Serra de Foncuberta. As instalacións “situaríanse maioritariamente dentro da Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón (zona de transición), e a súa liña de evacuación, conxunta co PE Monteiro, incumbiría tamén á zona tampón desta área”. Entre outras cuestións, Adega sinala que a zona de actuación está a 6 quilómetros ao oeste dunha área con presenza de aguia real e apunta á “posible presenza” de oso pardo cantábrico.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...