InicioA UlloaMedio centenar de produtores da Ulloa súmanse a un manifesto contra a...

Medio centenar de produtores da Ulloa súmanse a un manifesto contra a instalación de Altri

Nel sinalan que o territorio, a biodiversidade e hábitats de "elevadísimo valor ecolóxico e paisaxístico" están "en perigo", así como a auga

PUBLICADA O

- Advertisement -

Uns 50 produtores e empresarios da comarca da Ulloa e arredores sumáronse este martes á lectura dun manifesto en contra do proxecto que Altri quere instalar no municipio lucense de Palas de Rei.

Entre eles, gandeiros, agricultores, apicultores ou responsables de establecementos hostaleiros, que advertiron do “perigo” que suporía esta factoría para o territorio.

Nunha rolda de prensa na área Recreativa A Peneda, en Monterroso, a gandeira en ecolóxico Ana Corredoira destacou que todos forman parte de “un ecosistema que está en perigo” ante unha “ameaza imposta” que non os contempla e que “levaría por diante” o que construíron durante moitos anos nas comarcas da zona.

Xunto a Ana Corredoira leron a manifesto Marta Álvarez, da Granxa Maruxa, e Natalia Varela, apicultora e membro da Plataforma Ulloa Viva, baixo o título ‘Somos hijxs dunha paisaxe que nos alimenta, que é o noso fogar. Somos irmáns de terra, aire e auga’.

PERIGOS

Nel explican que deben denunciar que o territorio, a biodiversidade e hábitats de “elevadísimo valor ecolóxico e paisaxístico” están “en perigo”, así como a auga.

O documento tamén sostén, entre outras cousas, que está en perigo o tecido socioeconómico da zona, “que resultou ser un modelo exitoso de fixación de poboación e de cohesión territorial”, e o sistema agrogandeiro, “cun importante peso das producións diferenciadas e garantistas cos obxectivos recolleitos nas políticas do marco europeo”.

Así mesmo, as persoas produtoras das comarcas da zona expuxeron unha mostra dos produtos que “cultivan, coidan, elaboran, transforman e comercializan desde o territorio” e que ven perigar o seu futuro “de instalarse a macrocelulosa en Palas de Rei”.

ÚLTIMAS

Un informe de Adega revela os datos reais de emisións e verteduras que Altri pretende ocultar

Un informe de Adega sinala que Altri oculta emisións no seu estudo de impacto ambiental e...

A Deputación presenta un plan invernal para estradas con 420 toneladas de sal e 112 traballadores

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores en Pedrafita...

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...