InicioMedioambiente e PatrimonioO PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri entre os concellos de Pas, Santiso e Agolada como así esixía o BNG no pleno do Parlamento, no que alertou do impacto crítico destas instalacións na biodiversidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri entre os concellos de Palas, Santiso e Agolada como así esixía o BNG no pleno do Parlamento, no que alertou do impacto crítico destas instalacións na biodiversidade. O deputado do Bloque Luís Bará defendeu este martes unha moción a través da que tamén emprazou á Xunta a “actuar coa máxima transparencia” e “informar o Parlamento de todas as actuacións de selección, apoio e acompañamento ao proxecto tractor de xestión sustentable dos montes galegos desde o seu inicio ata a creación da planta como proxecto industrial estratéxico”.

A iniciativa, que propuña un plan plurianual dotado con 250 millóns de euros para levar a cabo actuacións como o desenvolvemento autocentrado das comarcas da Ulloa, Terra de Melide, Arzúa e Deza e un proxecto para protexer as augas do encoro de Portodemouros, foi apoiada por Democracia Ourensana, pero contou co voto en contra do PP e a abstención dos socialistas. Na súa defensa, o nacionalista Luís Bará sostivo que a xestión deste proxecto por parte do Goberno galego “bate todas as marcas” de falta de transparencia, con “enganos, mentiras e ocultacións”. “Ocultaron vostedes que ía producir 400.000 toneladas de pasta de celulosa e sabíano perfectamente porque estaba na documentación presentada pola empresa”, denunciou.

Así mesmo, asegurou “o segundo engano” ten que ver cos postos de traballo, tendo en conta que se “anunciaron 2.500”. “Outra mentira basta”, dixo para censurar que a Xunta teña xa “decidido darlle autorización ambiental e tamén a declaración de impacto ambiental favorable”. “Non é un proxecto redondo, é un negocio redondo para unha multinacional portuguesa que non queren alí”, sinalou. Mentres que no debate o parlamentario de Democracia Ourensana, Armando Ojea, só tomou a palabra para anunciar o seu voto a favor; na sesión, a deputada socialista Patricia Iglesias, cuxa formación optou pola abstención, instou á Xunta a garantir o cumprimento escrupuloso dos requisitos ambientais e pediulle claridade na información e os compromisos alcanzados pola Xunta.

A responsable socialista lamentou que o grupo propoñente impedise incorporar unha emenda de modificación á moción parlamentaria debatida no pleno, e sostivo que por iso optarían pola abstención. Ademais, rexeitou facer “oportunismo fácil” reclamando un investimento de 250 millóns “sen explicar de onde proceden” para articular unha “dicotomía falaz e oportunista” entre un proxecto industrial e o investimento, que “deriva na frustración da cidadanía”. Pola súa banda, o parlamentario popular Gonzalo Trenor criticou que o BNG presentase “unha moción que non ten nada que ver coa interpelación defendida hai 15 días” e acusou aos nacionalistas de estar “continuamente en contra” de todos os proxectos que se presentan para Galicia. “Dá igual que falemos de estradas, de portos exteriores, de novos hospitais, porque o BNG vai estar sempre en contra”, sostivo para acusar ao BNG de “mentir” sobre este proxecto.

MODELO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

No pleno, tamén foi rexeitada, co voto en contra do grupo maioritario, outra moción a través da que o Grupo Socialista reclamaba un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo. A iniciativa foi defendida pola parlamentaria Silvia Longueira, quen reclamou á Xunta que acorde o aumento do número de horas de atención temperá e asistencia co sector asociativo e a Asociación galega de atención temperá. A moción, que contou co apoio de todos os grupos da oposición, non saíu adiante ao ser rexeitada polos parlamentarios da bancada popular.

ÚLTIMAS

Lugo contará cun centro de atención integral á saúde mental na antiga sede de Aspnais

O antigo edificio de Aspnais en Lugo pasará a ser un centro de atención...

Detido un veciño de Castro de Rei por ferir o seu compañeiro cun coitelo acusándoo de facer moito ruído

A Garda Civil detivo durante a madrugada deste martes a un veciño de Castro de Rei,...

O PP acusa a Puente de “mentir” aos lucenses sobre os servizos ferroviarios da provincia

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

Lea pola promoción do Arde Lvcus en Fitur: o Concello de Lugo reprende á Xunta

O Concello de Lugo e o PP protagonizaron nas últimas horas unha lea pola presentación do Arde Lvcus...