InicioMedioambiente e PatrimonioO BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno central que...

O BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno central que se opoña ao proxecto de Altri

O BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno no Senado que manifeste a súa oposición ao proxecto e que quede excluído das axudas PERTE de descarbonización industrial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno no Senado que manifeste a súa oposición ao proxecto da multinacional portuguesa Altri no municipio lugués de Palas de Rei e que quede excluído das axudas PERTE de descarbonización industrial. “O Goberno debe aclarar se aposta por este proxecto á conta dos nosos sectores produtivos”, sinalou a senadora nacionalista Carme da Silva nun comunicado no que o Bloque avanza este venres que o proxecto da comarca da Ulloa será o asunto polo que cuestionará na Cámara alta ao ministro de Industria, Jordi Hereu.

Da Silva quere que o Executivo central aclare se existe “algún tipo de compromiso” polo que “a macrocelulosa poida acceder” aos fondos Next Generation que, como lembra a senadora, demanda a propia empresa para levar a cabo o seu proxecto en Galicia. “Os criterios establecidos para a percepción destas axudas deixan claro que só se poden financiar aqueles proxectos que contribúan a asentar economías máis sustentables e mellor preparadas para as transicións ecolóxicas e dixitais. O proxecto de Altri non o fai”, avanzou Da Silva que defenderá na Cámara alta.

Así as cousas, considera que o Goberno “non pode amparar nin apoiar o desenvolvemento de industrias que afecten negativamente o medio ambiente, á protección da biodiversidade e ao uso sustentable dos recursos hídricos”. Doutra banda, o Concello de Láncara aprobou unha moción presentada polo BNG en contra do proxecto de Altri.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

A Deputación detrás dunha nova edición de Divulga T sobre ciencia no campus de Lugo

  DivulgaT- Petiscos de Divulgación Científica, unha iniciativa da Asociación de Investigadores AgroMar que busca...