InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación pide a Antas de Ulla que axilice os trámites para...

A Deputación pide a Antas de Ulla que axilice os trámites para a construción do Parque Central de Galicia

O proxecto porá en valor o centro xeográfico da Comunidade, situado en Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do Goberno provincial da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, volveu a apremar este venres ao Concello de Antas de Ulla a que axilice os trámites para poder acometer as obras de construción do Parque Central de Galicia.

Tal como indicou en rolda de prensa, trátase dun proxecto impulsado pola institución para pór en valor o centro xeográfico da Comunidade autónoma, situado en Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante.

Tras a xunta de goberno provincial, a tamén portavoz socialista neste Concello precisou que “o que a Deputación require do Concello de Antas de Ulla é axilizar os trámites, e máis que axilizar hai que pensar en non frear a tramitación ordinaria para continuar, xa que por parte da Xunta comunicouse que todo está correcto e non hai que emitir máis informes, entón isto queda en mans do Concello, que terá que levar a pleno a aprobación dun plan especial” para dita infraestrutura.

“É unha tramitación que calquera concello fai para desenvolver infraestruturas deste tipo, que non debería demorarse. É importante, porque no momento en que isto se aprobe a Deputación está en disposición de comezar as obras que faltan“, sinalou.

García Porto confiou en que “no próximo pleno, o concello leve este asunto”, na orde do día, reiterando que o que falta do municipio é “a aprobación do plan especial, que é unha tramitación municipal”.

“Logo faltaría a realización da obra, e tramitación de licenza. Non ten que haber ningunha dúbida dado que o alcalde (o popular Javier Varela) desde o primeiro momento manifestou o interese de que se levase a cabo esta importante infraestrutura para os veciños do concello e tamén da contorna.

O Centro Xeográfico de Galicia é un referente para a comunidade autónoma e a nivel turístico pode ser un eixo importante para o desenvolvemento da comarca da Ulloa“, sentenciou.

Entre outros datos, ela indicou que na xunta de goberno aprobouse destinar “409.000 euros en dúas anualidades para acometer o proxecto de mellora e humanización do campo da feira en Viveiro”, na localidade de Muras. Esa cantidade, que achegará a Deputación “representa o 90 por cento do importe total”, aclarou a portavoz socialista.

Tamén se adxudicou o contrato de mantemento dos ascensores, nas distintas oficinas que ten a Deputación en Lugo que ascende a 10.000 euros.

ÚLTIMAS

Morre un home tras ser rescatado inconsciente dun río en Chantada

Un home faleceu na tarde deste martes tras ser rescatado inconsciente no embarcadoiro de...

Así quedou restaurado o mural de Lugo por Palestina tras ser atacado

"O pasado domingo 14 rematouse de pintar un mural en apoio a Palestina e...

Dous homes investigados por pescar troitas con electricidade no río Rodil

A Garda Civil investiga a un veciño da Fonsagrada, de 72 anos, e a...

Detidos dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos de cobre nunha empresa

A Garda Civil detivo en Vilalba a dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos...