InicioMedioambiente e PatrimonioPiden instalar videovixilancia para protexer a fonte de San Vicente

Piden instalar videovixilancia para protexer a fonte de San Vicente

Lugo Monumental propón cámaras de vixilancia para evitar que incidentes coma o do sábado afecten á feble estrutura da fonte de San Vicente

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación empresarial Lugo Monumental amósase inqueda pola falta de protección da fonte de San Vicente, un valor patrimonial icónico do casco histórico que este sábado resultou novamente comprometido. Aínda que permanece enteira, o feito de que dous xoves escalaran a efixie e bailaran nela puxo en serio risco a base da estrutura, que presenta varias fendas e sinais de oxidación. A figura xa tivo que ser restaurada en 2016, a raíz dun acto de vandalismo sen resolver.

A patronal lucense ten un vencellamento especial á fonte de San Vicente, escenario do Milagre, tradición que recuperaron do esquecemento en 2014. Porén, dende Lugo Monumental explican que a proposta de instalar videovixilancia na zona vella trascende os problemas da Praza do Campo, onde lembran que en 2015 quedou sen esclarecer un atropelo mortal. Citan neste senso o deterioro dos ferraxes da Catedral.

A fonte presenta mostras claras de oxidación | Lugo Monumental

A pesar das reticencias que existen no seo da asociación a esta medida intrusiva, aseguran que debe primar a salvagarda do patrimonio centenario e milenario do centro histórico de Lugo. Para limitar o alcance sobre a privacidade, a vixilancia realizaríase nun circuíto pechado, dispoñible unicamente baixo autorización xudicial. Novos danos na fonte, advirten, poderían levar a un “desastre patrimonial irrecuperable”.

O PP levará a iniciativa ao Pleno

O Partido Popular anunciou que levará a instalación de cámaras de seguridade á sesión plenaria da corporación municipal. O voceiro da bancada popular, Antonio Ameijide, suxire que se estude a implantación da videovixilancia noutras “localizacións estratéxicas” e en edificios públicos para garantir a seguridade dos cidadáns e do patrimonio “tal e como se fai noutras capitais europeas”.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...