Unha Terra Chá inzada de cruceiros, “os grandes esquecidos do patrimonio”

Esta comarca é a que máis monumentos deste tipo ten na provincia. Un proxecto do Consello da Cultura e de Amigos dos Cruceiros anima a descubrilos con varias rutas.

Presentación de 'Cruceiros de Galicia' no Consello da Cultura Galega. CIDADE DA CULTURA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Consello da Cultura Galega (CCG) e a Asociación Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedras e Petos de Ánimas colaboran no proxecto ‘Cruceiros de Galicia’, unha iniciativa que agrupa preto de 150 cruceiros galegos en 30 rutas por todo o territorio e coa que se pretende revalorizar “os grandes protagonistas, e esquecidos, do patrimonio galego”.

O primeiro itinerario proposto convida a visitar “os calvarios da Terra Chá“, a comarca que aglutina o maior número destes monumentos na provincia de Lugo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here