InicioMedioambiente e PatrimonioO día no que Orozco tirou "foguetes" ao saber que a Muralla...

O día no que Orozco tirou “foguetes” ao saber que a Muralla xa era Patrimonio Mundial

O exalcalde de Lugo insta á Xunta a "cumprir" a súa palabra e crear un museo da romanización no cuartel de San Fernando.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 30 de novembro do ano 2000 coñeceuse, de madrugada, o recoñecemento da Muralla Romana de Lugo como Patrimonio da Humanidade, tras darse a coñecer o fallo da Unesco. O daquela rexedor local, Xosé López Orozco, festexou o nomeamento, con “foguetes” desde a casa consistorial tras anos de traballo para promover a candidatura deste ben histórico. “Estou moi satisfeito, é un recordo indeleble”, di vinte anos despois.

Este luns 30 de novembro conmemórase o XX aniversario da efeméride. Orozco confesa que se sentiu “moi feliz” ante “unha gran ocasión, moi ben aproveitada por Lugo e por todos os lucenses”. “Un recoñecemento de algo que é moi importante para a cidade e para a cultura, que é ademais moi importante para saber quen fomos”.

MUSEO DA ROMANIZACIÓN

O exalcalde de Lugo lembrou, con todo, que “bota de menos” o cumprimento dun “compromiso” por parte da Xunta: o acondicionamento do cuartel de San Fernando como centro da romanización da comunidade, e sobre a Galicia “castrexa”.

Orozco lembrou o “gasto que lle supuxo ao concello comprar o cuartel” e apelou a unha “promesa” trasladada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que espera que “cumpra”. “Daríalle á muralla unha maior explicación do que foi o Lugo romano e por que Lugo ten unha muralla”.

Neste sentido suxire trasladar esta reivindicación á rúa “como se fixo no seu día para reclamar” distintos servizos sanitarios para o HULA. “Debemos estar todos unidos para reclamar algo que se nos prometeu e algo que é necesario”, insistiu.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...