InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello asegura non houbo deterioración logo da limpeza de pintadas da...

O Concello asegura non houbo deterioración logo da limpeza de pintadas da Catedral

. "A propia diocese ten solicitado ao Concello actuacións deste tipo que se resolveron de forma satisfactoria e sen incidencia algunha", afirmou o concelleiro Álvaro Santos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Lugo, Álvaro Santos, asegurou que “non se alteraron, nin se deterioraron” os elementos afectados na limpeza das pintadas da Catedral e que así o recoñece a Diocese de Lugo.

Santos explicou que o Consistorio ten un dispositivo de limpeza que o pasado fin de semana actuou “sobre os danos que o incivismo provoca”. “Trátase dun dispositivo de limpeza de lixo, e tamén limpeza naquelas zonas onde se producen botellóns”, especificou.

Por iso, sostivo que, no caso da Catedral, coas “pintadas a un elemento tan singular e icónico da cidade, procedeuse á súa retirada de forma inmediata”. “Ao tratarse de pintura é importante actuar canto antes para evitar a penetración a capas máis profundas da pedra“, indicou.

É por iso que, conforme apuntou, o luns “retirouse coa maior inmediatez posible usando auga á menor presión posible para que sexa efectiva a retirada e non afectar a elementos patrimoniais e aínda que se empregue lavadora de presión mantense a lanza á maior distancia posible”.

Tanto é así que, conforme sinalou Santos, “desde a propia diócese recoñécese que non se alteraron e deterioraron os elementos afectados”. “A propia diocese ten solicitado ao Concello actuacións deste tipo que se resolveron de forma satisfactoria e sen incidencia algunha“, afirmou.

Con todo, recoñeceu que, a partir de agora, “aplicarase un procedemento específico de intervención en elementos de carácter patrimonial”.

Por último, asegurou que estas pintadas responden a “episodios puntuais afastados do comportamento responsable” do veciños pero que “afectan a contorna e ao patrimonio”.

O PP PIDE UN MÉTODO MENOS AGRESIVO

Pola súa banda, leste mesmo martes, o PP de Lugo pediu un método menos agresivo para limpar pintadas de edificios históricos ou patrimonio da humanidade como a Catedral e lamentou que se “antepuxesen as présas” por “empezar canto antes a limpeza” en lugar da “sensatez que require o traballo”.

Neste sentido, o popular Ramón Carballo preguntou ao goberno local se “solicitaron os permisos e autorizacións oportunas” e considerou necesario saber se “de abrirse un expediente e ditarse unha sanción por esta limpeza” debería ser asumido polo Concello ou pola empresa que fixo o traballo.

INVESTIGACIÓN SOBRE PROCEDEMENTO DE LIMPEZA DAS PINTADAS

O Concello de Lugo emitiu a última hora deste luns un comunicado no que aclara que, desde a área de Medio Ambiente, está a investigarse o procedemento empregado nesta xornada pola empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria na eliminación das pintadas realizadas este fin de semana na Catedral.

En concreto, trátase de determinar se os mesmos “non foron os máis idóneos para a conservación do patrimonio“.

“Sendo o principal obxectivo da actuación a reposición do estado orixinal dos bens danados cos referidos actos vandálicos, están a avaliarse agora os criterios técnicos empregados polo persoal da adxudicataria na elección do sistema e dos materiais utilizados así como o alcance das súas consecuencias co fin de poder depurar responsabilidades no caso de que sexa preciso”.

ÚLTIMAS

Controlado o incendio da Fonsagrada, que afecta a 65 hectáreas

Un incendio permanece activo no concello lugués da Fonsagrada, onde ata o momento arderon un...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda...