InicioMedioambiente e PatrimonioA herba e a maleza conquistan a Muralla Romana

A herba e a maleza conquistan a Muralla Romana

O Concello de Lugo pídelle á Xuntaque cumpra coa obriga de manter o monumento en bo estado de conservación e limpeza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vexetación conquista a Muralla Romana, cuxas paredes volven atoparse recubertas de herba e maleza. Lonxe de ser novidoso, o certo é que hai que ter en conta as restricións do estado de alarma, que puideron complicar ou atrasar os labores de limpeza. Con todo, dende o Concello de Lugo entenden que a Xunta debe cumprir coa súa obriga de manter en boa conservación o monumento e pídelle que actúe axiña.

De feito, a edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, informou de que o goberno local enviou un requerimento á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para instala a acometer canto antes estes traballos. Pídelle que atenda as súas responsabilidades coa Muralla, “que nestes momentos presenta un estado moi deficitario“. Sinalan que a maleza e a herba que habitan os muros do monumento poderían incluso ocasionar “considerables danos na construción”,  ademais de dar sensación de “abandono”.

Unha vez superadas as limitacións do estado de alarma e recuperada a actividade de maneira progresiva, o Concello apura a Xunta ao tempo que lembra que a Consellería de Cultura dispón de licenza municipal para a execución destes traballos de limpeza por un período de 14 meses. Ao ser outorgada no 2019, aínda perduraría o prazo de actuación.

Estas actuacións redundarían na boa imaxe da cidade e da propia Muralla Romana, que este 2020 está de celebración: fanse 20 anos dende a súa declaración como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

ÚLTIMAS

Traballadoras da limpeza dea Lugo protestan ante o Parlamento pedindo a mediación da Xunta

Traballadores do sector da limpeza de Lugo trasladaron a súa protesta este martes ás...

Xaneiro, a data para poñer en marcha os servizos do centro integral de Saúde en Lugo

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña avanzou en sede parlamentaria a posta en...

Interceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

A Policía Local de Lugo interceptou este luns a un home que circulaba pola cidade e...

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...