Lugo é a provincia galega con maior taxa de poboación con anticorpos fronte á COVID-19

A segunda onda do estudo de seroprevalencia do Ministerio de Sanidade indica que un 2% das galegas e galegos superaron o virus.

Mapa provincial de anticorpos IgG fronte á COVID-19 | Ministerio de Sanidade

A poboación galega que superou a infección por coronavirus e xerou anticorpos mantense na contorna do 2%, tras subir unha décima ata o 2,2% na segunda onda do estudo de seroprevalencia realizado polo Ministerio de Sanidade en todo o estado. Por provincias, Lugo é a que obtén unha porcentaxe máis alta en Galicia, cun 2,5% de persoas con anticorpos fronte ao 2’3% rexistrado na primeira fase da análise.

Precisamente, a de Lugo é a única das catro provincias na que a taxa de participantes aos que se lles detectou a presenza de IgG da que antes carecían supera á cifra estatal, ao rexistrar unha 0,9% fronte ao 0,8 do total do país.

En Galicia, a porcentaxe de poboación inmune supón menos da metade da que se rexistra no conxunto do Estado, que é do 5,2%, dúas décimas máis que na primeira onda, segundo os datos feitos públicos este xoves. De feito, Galicia mantense como a cuarta comunidade con menor porcentaxe de poboación con anticorpos.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here