InicioCulturaDescuberta no castro de Viladonga unha machada ritual de 2.300 anos de...

Descuberta no castro de Viladonga unha machada ritual de 2.300 anos de antigüidade

Os expertos apuntan á importancia deste descubrimento "pola escaseza destas pezas e a súa profusa e complexa decoración".

PUBLICADA O

- Advertisement -

As escavacións no Castro de Viladonga, no municipio lucense de Castro de Rei, permitiron localizar unha pequena machada votiva de bronce asociada a rituais de sacrificio e que ten uns 2.300 anos de antigüidade.

Segundo informou a Xunta, a peza, de 13 centímetros e 22 gramos de peso, foi atopada nas escavacións arqueolóxicas impulsadas polo Goberno galego na campaña 2019-2020, durante os traballos no alxibe monumental.

En concreto, no fondo, sobre as escaleiras de acceso ao depósito, apareceu unha peza de bronce asociada a outros materiais, principalmente cerámica, ósos e restos de carbón. As análises do material orgánico recollidas na campaña anterior confirmaron que se trataba dunha construción castrexa prerromana do século III a.C., anterior por tanto á construción da muralla do poboado. A peza poderá ser contemplada en breve no museo do castro.

UN ELEMENTO CASE ÚNICO

Os expertos apuntan á importancia deste descubrimento “pola escaseza destas pezas e a súa profusa e complexa decoración”. Aínda que non é a primeira vez que se atopan machadas de sacrificio en Galicia, trátase da que ten, polo momento, unha decoración máis rica.

No colgante desenvólvense moitos dos elementos comúns a estas pezas, como a propia machada, os sogueados ou o torques, ademais dun prótomo de touro, un xabaril na zona mesial, e un prótomo de carneiro na zona distal.

O colgante está relacionado con ritos de sacrificio desenvoltos na segunda Idade de Ferro no noroeste peninsular e enriquece o material localizado no Castro de Viladonga.

UN DOS XACEMENTOS MÁIS SINGULARES

O Castro de Viladonga é un dos xacementos arqueolóxicos máis singulares de Galicia, un dos máis coñecidos polo público e tamén un dos que recibe un maior número de visitas.

O conxunto arqueolóxico e museístico ocupa o cume dun monte desde o que se contempla a Terra Chá lucense e as serras de Monciro, de Pradairo e Meira. A importancia arqueolóxica e o interese histórico de Viladonga púxose de relevo por mor das escavacións iniciadas en 1971, tanto pola monumentalidade e diversidade das estruturas descubertas, como pola cantidade e calidade dos materiais recollidos.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...