InicioMedioambiente e PatrimonioA rehabilitación da Casa Torre da Tinería estará rematada no 2021

A rehabilitación da Casa Torre da Tinería estará rematada no 2021

O Hospital de San Miguel, como tamén se coñece este edificio, será destinado a usos turísticos e hoteleiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras de rehabilitación da Casa Torre, tamén coñecida como o Hospital de San Miguel, no barrio da Tinería de Lugo, será unha das primeiras actuacións do Plan de reactivación deseñado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para loitar contra as consecuencias económicas e sociais que deixou a COVID-19.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou Lugo na mañá deste martes para presentar o proxecto desde a propia muralla lucense, onde se localiza a Casa Torre, un edificio no que se investirán 610.000 euros para a súa rehabilitación. O prazo de execución é de oito meses e o contrato de licitación está aberto ata o día 23 de xuño.

O inmoble destinarase a usos relacionados coa potenciación dos recursos turísticos e gastronómicos da provincia de Lugo e a conselleira cualificouno “como a alma máter” da zona da Tinería. Ángeles Vázquez tamén resaltou que o edificio será como “un museo aberto, vivo” no que se poderá gozar da Muralla lucense, o que supón, en palabras da conselleira, “unha gran noticia para Lugo”.

Así mesmo, a Asociación de Empresarios de Hostalaría e Turismo contará cun novo espazo no edificio. Ademais, a propia Casa Torre terá cun pequeno paseo interior pola muralla lucense e albergará a nova oficina de turismo da Xunta de Galicia na cidade lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PP de Guitiriz leva aos tribunais á alcaldesa por suposta falsidade documental e cobro indebido de dietas nunha viaxe privada a Portugal

Os concelleiros do Partido Popular de Guitiriz presentaron unha denuncia contra a alcaldesa da...

O PP provincial pedirá reintegrar os traballadores da antiga Suplusa á Deputación

O PP esixe ao goberno provincial reintegrar na Deputación de Lugo aos traballadores de...

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...