InicioMedioambiente e PatrimonioO pulmón verde da provincia, recoñecido internacionalmente pola xestión sostible dos seus...

O pulmón verde da provincia, recoñecido internacionalmente pola xestión sostible dos seus recursos

A Devesa da Rogueira é o primeiro bosque español e o segundo europeo en recibir esta distinción que outorga a organización Forest Stewardship Council (FSC).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Devesa da Rogueira, na Serra do Courel, é o primeiro bosque en España e o segundo en Europa en recibir a certificación da organización internacional Forest Stewardship Council (FSC) pola “exemplar xestión sustentable dos seus recursos”, así como pola súa “conservación da biodiversidade”.

As 615 hectáreas deste monte veciñal de Folgoso sitúanse como a maior contorna forestal e o corazón verde da Serra do Courel. Os seus veciños viron “recoñecidos os esforzos por conservar a rica biodiversidade” da zona, segundo sinalou a presidenta de FSC España, Genoveva Canals, encargada de entregar o certificado este martes.

En concreto, destácase o “uso de boas prácticas silvícolas acordes coa conservación da biodiversidade” e abre a posibilidade a recibir investimentos, públicos ou privados, que “axuden a manter a súa extraordinaria riqueza natural”, tal e como explica FCS España nun comunicado.

Podes ler a información completa no Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...