InicioMedioambiente e PatrimonioO 'quilómetro cero' de Galicia, en Antas de Ulla, busca ser declarado...

O ‘quilómetro cero’ de Galicia, en Antas de Ulla, busca ser declarado Ben de Interese Cultural

O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) solicitou á Xunta a declaración do Centro Xeográfico de Galicia como BIC, logo de que un informe do IGN determinara que o epicentro do país se localizaba nunha carballeira da parroquia de San Fiz de Amarante.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto Geográfico Nacional (IGN) poñía fin, hai uns meses, ao vello debate respecto de onde se sitúa o epicentro de Galicia. Nin Lalín, nin Chantada. Un informe técnico concluía que o verdadeiro centro xeográfico deste país se atopa na aldea de Nugallás (San Fiz de Amarante – Antas de Ulla). Dita noticia fora recibida con gusto polos integrantes do Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), que agora veñen de solicitar á Xunta de Galicia a declaración deste punto como Ben de Interese Cultural.

O colectivo trasladou a solicitude ao Goberno autonómico neste luns 24 de febreiro, ao tempo que pedía a intervención neste enclave por parte do Concello de Antas de Ulla e da Deputación. Para o IEU, este recoñecemento había axudar aínda máis a poñer en valor a riqueza das carballeiras da contorna. 

De feito, fora esta asociación a que instara ao IGN a levar a cabo tal investigación para determinar o punto exacto do Centro Xeográfico de Galicia. As conclusións déranse a coñecer nos meses de novembro e decembro pero, agora, o IEU elaborou outro informe sobre a protección e adquisición da parcela na que se sitúa este enclave. Envioullo ás correspondentes administracións para que tomen cartas no asunto.

PROMOCIÓN

Segundo explica o presidente do colectivo, Francisco Pardo, os pasos a seguir a partir de agora encamíñanse cara á divulgación deste Centro Xeográfico nos centros educativos de toda Galicia.


O ‘quilómetro cero’ de Galicia sitúase nunha carballeira de Antas de Ulla

ÚLTIMAS

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...