InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello de Lugo limpa un vertedoiro ilegal en Ombreiro tras unha...

O Concello de Lugo limpa un vertedoiro ilegal en Ombreiro tras unha denuncia veciñal

As concellerías de Medio Ambiente e Rural lembran que a administración local ofrece un servizo de recollida de lixo que se pode solicitar de balde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo retirou o lixo dun vertedoiro ilegal nas proximidades da parroquia de Ombreiro, logo de recibir unha denuncia das veciñas e veciños.

Así o informaron as áreas de Medio Ambiente e Rural. Ditas concellerías lembran que o servizo de recollida de residuos do Concello é totalmente gratuíto e pódese solicitar a través dunha chamada telefónica a Urbaser.  Unha vez se recibe a a petición, o servizo indícalle ao cidadán o día e a hora á que pasarán a recoller os mobles ou enseres dos que que se queira desfacer.

A retirada destes residuos realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade. En canto ao rural, recóllense unha ou dúas veces ao mes, en relación á demanda.

Neste caso, Medio Ambiente e Rural indican que non se recibiu ningún aviso a través do servizo de recollida de lixo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...