InicioLugo e contornaLugoPontón augura que o BNG "fará historia" en Lugo con Arroxo de...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, augura que o BNG "fará historia" en Lugo con Rubén Arroxo como alcalde para abrir "un tempo novo de optimismo e de ambición": "Imos a por todas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG xa enfía con forza a carreira cara ás vindeiras eleccións municipais de maio de 2027. A portavoz nacional da formación, Ana Pontón, presentou este mércores nun acto público a Rubén Arroxo como candidato á Alcaldía de Lugo, vaticinando con total convicción que o Bloque “fará historia” e abrirá un “tempo novo de optimismo e ambición” na cidade.

UN “TÁNDEM GAÑADOR” PARA CONSTRUÍR UN LUGO GRANDE

Pontón asegurou que a organización está plenamente preparada para asumir o liderado do goberno local porque conta cun “tándem gañador” e un candidato con capacidade contrastada. “Temos ao mellor candidato e o mellor proxecto, por iso imos a por todas, con humildade pero tamén coa máxima ambición”, insistiu a líder nacionalista, quen augurou que dentro de once meses a cidadanía “demostrará a súa dignidade” apostando de forma clara por Arroxo.

ESTABILIDADE FRONTE AO “CAOS” DE QUEN MARCHOU A SANTIAGO

Durante o seu discurso, a voceira do Bloque puxo en valor a “estabilidade, seriedade e rigor” que o BNG achegou á xestión da cidade amurallada durante este mandato, definíndoo coma un exemplo de compromiso rotundo coa veciñanza.Para rematar, aproveitou para lanzar unha dura crítica velada á exalcaldesa socialista Lara Méndez, afeando a actitude de quen se presentou ás eleccións e, ao cabo duns meses, “marchou cara a Santiago, deixando un caos no seu partido que acabou como acabou”.

+ posts

ÚLTIMAS

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...