InicioSucesosDeteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

Os axentes se personaron e localizaron a dous dos implicados manipulando unha arqueta na intersección da Rolda da Muralla coa rúa Castelao.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que un grupo de persoas estaba a extraer tramos de cable de cobre e cargándoos nunha furgoneta. Os axentes localizaron dous dos implicados manipulando unha arqueta na intersección da Rolda da Muralla coa rúa Castelao.

Ao ser interrogados, “ofreceron versións contraditorias sobre a natureza do seu traballo, e un deles recoñeceu non dispor de documentación e atoparse en situación irregular”. O número de teléfono do seu suposto empregador resultou inexistente ao ser comprobado.

Mentres falaban cos axentes, un dos detidos enviou unha mensaxe alertando a un terceiro no que dicía “pilláronnos”.

Foron intervidas ferramentas como uns cascos de obra, un desaparafusador, unha folla de serra e outros útiles. Ambos foron detidos por presunta subtracción de cableado de infraestrutura pública e trasladados a dependencias policiais para a instrución das dilixencias.

FURTO DE PEZAS DUN BANCO DANADO

Por outra banda, un home foi interceptado mentres trataba de levar á súa leira as pezas de ferro dun banco municipal danado.

Un cidadán alertou de que un home estaba a desmontar as partes de forxa dun banco público na glorieta da avenida de Garabolos. Á chegada dos axentes, “o home recoñeceu sen reviravoltas que pensaba cargar as pezas no seu vehículo para instalalas na súa leira”, pois o banco “estaba tirado na rúa”. As pezas de forxa foron trasladadas a dependencias policiais para a súa custodia.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...