InicioTerra CháVilalbaVilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Así o explicou o seu voceiro municipal e Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, quen contextualizou a moción que defenderá no Pleno na urxencia de “instar á Xunta, a poñer fin á discriminación inxusta que dende hai xa demasiado tempo está a sufrir o Concello de Vilalba.”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A formación municipalista, vén de anunciar o rexistro dunha iniciativa para solicitar da Xunta de Galicia “o mesmo trato en termos de financiamento que o que lle está a dar a todos os concellos da contorna cos que nas últimas décadas se conveniaron obras encamiñadas a poñer en marcha centros e residencias de maiores de xestión 100 pública.”

Así o explicou o seu voceiro municipal e Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, quen contextualizou a moción que defenderá no Pleno na urxencia de “instar á Xunta, en tanto que administración competente en materia de política social, a poñer fin á discriminación inxusta que dende hai xa demasiado tempo está a sufrir o Concello de Vilalba.”

“Onte coñecíamos pola prensa que a Xunta viña de asinar un convenio co Concello de Outeiro de Rei para a construción dun centro de día público na localidade. Máis de 600.00€ de inversión directa nun servizo que un concello coma Vilalba, cabeceira de comarca, precisa coma o comer”, explicou.

Así, lembrou que dende Vilalba Aberta levan “máis de 10 anos” reclamando da Xunta que cumpra co Estatuto de Autonomía e colabore co Concello, propoñendo incluso no seu programa electoral “unha ubicación e un plan de desenvolvemento claro para facer realidade este servizo.”

E neste sentido a nova iniciativa, rexistrada con Vilalba Aberta agora no goberno, e que marca, ademais, distancias coa, en palabras de Renda, “lexítima oferta privada que se prestará no antigo hotel Villamartín por parte do Grupo Rosalba Gestión”. “Dende Vilalba Aberta sostemos firmemente que a anunciada futura residencia privada non pode ser en ningún caso a substituta dun servizo que entendemos necesariamente público, gratuíto e accesible para todos os veciños”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...