InicioMedioambiente e PatrimonioUnha "nova grata sorpresa" do pasado romano de Lugo

Unha “nova grata sorpresa” do pasado romano de Lugo

Trátase dun anaco do documano da vella capital provincial romana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Trátase dunha sorpresa moi grata que vén a corroborar a riqueza do noso pasado romano, hoxe máis presente ca nunca”, subliñou a alcaldesa. Así cualificou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, os achados arqueolóxicos atopados, días atrás, durante as obras de construción dun hotel en Santo Domingo, para coñecer de primeira man a súa valía.

A rexedora e o concelleiro de Urbanismo Sostible, Ramón Couto, puideron comprobar in situ o elevado grao de conservación do anaco de decumano que apareceu a, escasamente, un metro de profundidade da superficie no transcurso dos traballos de excavación.

“Un descubrimento marabilloso, non só pola singularidade dos vestixios senón tamén polo bo estado no que se encontran, o que engadido ao compromiso dos promotores por mantelos e aproveitalos, permitirá poñelos en valor e integralos no vasto patrimonio arqueolóxico local que xa posuímos”, concluíu Lara Méndez.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...