Home Lugo e contorna Lugo Restauran unha importante peza da parroquia de San Xosé das Gándaras

Restauran unha importante peza da parroquia de San Xosé das Gándaras

0
Restauran unha importante peza da parroquia de San Xosé das Gándaras
A talla de Cristo xa restaurada, pertencente á parroquia de San Xosé das Gándaras.

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia vén de devolver unha talla de Cristo á parroquia de San Xosé das Gándaras.

A delicada peza, elaborada en marfil de cachalote con detalles dourados, foi intervida polos alumnos   centro que cursan a especialidade de escultura. O traballo desenvolveuse baixo a supervisión do profesor experto Antón Pereira Abonjo.

Os estudantes realizaron o estudo histórico artístico da peza, a análise do estado de conservación e a diagnose para, finalmente, levar a cabo as intervencións requiridas pola peza, que xa pode ser desfrutada de novo polos fregueses.

SOBRE A ESCOLA

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia é un centro oficial dependente da Xunta de Galicia e o único nesta comunidade que imparte o Título Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais, equivalente a todos os efectos ao Grao Universitario. Creada no ano 1991, a escola é o segundo centro máis antigo de España e, ademais de formar profesionais, colabora activamente na conservación do patrimonio da nosa Comunidade.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here