InicioLugo e contornaPortomarínPortomarín prepárase para a gran festa da cervexa artesá

Portomarín prepárase para a gran festa da cervexa artesá

O Portomarín Beerfest ofrecerá máis de 25 variedades de lúpulo e cebada chegadas de varios continentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Portomarín dará a benvida aos tempos pospandemia cunha grande festa da cervexa. O Portomarín BeerFest, programado para os días 14 e 15 deste mes de maio, agarda congregar afeccionados de dentro e fóra do país para degustar as ducias de variedades de cervexa que correrán ao longo desta fin de semana.

Nesta primeira edición do Portomarín BeerFest contarase con 25 fábricas de cervexas, o que dará a posibilidade de que os asistentes poidan catar máis de 30 cervexas diferentes de todo o mundo. Ofrecerase produto de marcas grandes e moi prestixiosas a nivel nacional, das que moitas das súas cervexas son consideradas como produtos delicatessen. Así mesmo, ofrecerase cervexa sen glute pensando en que tamén poidan ser partícipes da cita as persoas celíacas.

Un dos obxectivos da festa tamén é que a sociedade poida descubrir novas cervexas que non é doado atopar nos comercios convencionais. Entre as marcas de cervexa que estarán representadas esta fin de semana están Amundsen (Noruega), Stone (Estados Unidos), Browar Stu Mostów (Polonia), Garage (Barcelona), Cantillon (Bélxica), Basqueland (País Vasco), Dos Dingos (Arxentina), Colmo (Ancares), Alé Alé (Arteixo), Freddo Fox (Barcelona), Juguetes Perdidos (Arxentina), La Pirata (Barcelona), Lervig (Noruega), Alefarm Brewing (Dinamarca), Gross (Guipuzcoa), Verdant (Reino Unido), Rec Brew (Barcelona) e Blech Brut (Alemania), entre outras.

Así o apuntaron a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o organizador do Portomarín BeerFest, Manuel Pombo, na presentación do festival, que terá lugar na Praza do Camiño da localidade coa colaboración económica da institución pública. García Porto felicitou á organización por impulsar esta iniciativa que “nace para converterse nun gran festival arredor da cervexa artesanal, convocando a mestres e firmas de Galicia, pero tamén do resto de España e de países como Reino Unido, Noruega ou Polonia, para propoñer maridaxes de cervexa e gastronomía e para ofrecer tamén talleres nos que aprender a elaborar cervexa dun xeito artesanal”.

Lembrou a Deputada que en Galicia lévase “moito camiño percorrido para asentar a calidade e a promoción dos nosos viños, das nosas denominacións de orixe, e a Ribeira Sacra é un bo exemplo de como co traballo unha denominación pode asentarse na alta gastronomía, darse a coñecer fóra das nosas fronteiras e fortalecer a oferta de turismo dunha zona.  Penso que no eido da cervexa temos moito camiño por diante e que esta primeira edición do Portomarín BeerFest é un bo paso no camiño de seguir crecendo na diversificación da nosa oferta turística e gastronómica”.

Ademais, manifestou na presentación García Porto, o BeerFest “encaixa perfectamente co modelo de turismo sostible, de calidade e ligado ás experiencias que promovemos dende a Deputación de Lugo. Un turismo pensado para desfrutar en familia, con oferta de actividades para todo tipo de público”, referiu ao contar no programa tamén con xogos e actividades pensadas para os máis pequenos da casa.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...