InicioLugo e contornaA autopsia conclúe que non hai indicios de criminalidade na morte dun...

A autopsia conclúe que non hai indicios de criminalidade na morte dun home sen teito en Portomarín

O home estivera recentemento hospitalizado, explicou o rexedor de Portomarín.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A autopsia conclúe que non hai indicios de criminalidade na morte dun indixente cuxo corpo foi achado este pasado domingo nunha vivenda abandonada no municipio de Portomarín.

Así o confirmaron a Europa Press fontes xudiciais, que detallaron que o Xulgado de Instrución número 1 de Chantada recibiu o informe preliminar da autopsia, que conclúe que “non hai indicios de criminalidade”. Por iso, a autoridade xudicial autorizou o enterramento deste home, cuxo corpo non presentaba signos externos de violencia cando foi localizado pola Garda Civil.

Tras achar a Garda Civil este domingo o corpo sen vida dun home nunha vivenda abandonada do municipio lucense de Portomarín, o alcalde desta localidade, Pablo Rivas, confirmou que se trataba dun indixente que habitaba unha casa desocupada situada nas proximidades do río.

Supostamente había uns días que non era visto polo pobo, polo que a Garda Civil acudiu á vivenda abandonada para comprobar o seu estado e atopoullo falecido.

O rexedor confirmou que o home acudira nalgunha ocasión aos servizos sociais do Concello e que recentemente estivera hospitalizado polo que, segundo fontes consultadas, todo apuntaba a unha morte natural, como confirmou a autopsia.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...