InicioLugo e contornaTegestacín non se presenta por segunda vez a unha reunión de mediación...

Tegestacín non se presenta por segunda vez a unha reunión de mediación co comité da planta de Outeiro e a Xunta

Segundo a CIG, a empresa estaría tratando de esgotar o período de consultas sen as garantías necesarias para o ERE.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa Tegestacín non compareceu a unha reunión de mediación prevista para o pasado luns co comité de empresa da planta láctea de Outeiro de Rei–afectada por cesamento de actividade e un ERE a 70 empregados— e a Xunta, segundo informa a CIG.

Nun comunicado, o sindicato quéixase de que a empresa xa suspendera a reunión prevista para o pasado día 19, o que xustificara no encontro deste luns.

Por iso, a CIG censura que a compañía “se está rindo tanto do persoal como da Administración cun claro obxectivo de esgotar o período de consultas sen as garantías necesarias para o ERE“.

Igualmente, pon énfase na “situación crítica” do tempo do período de consultas e na falta de “garantías” nas medidas propostas no tocante a compromisos económicos da empresa e sobre as posibilidades futuras para as instalacións.

A CIG tamén reproba falta de actuación da Xunta, a pesar de contar “con todas as competencias” nesta materia, pois “perdeu unha oportunidade de encarar posibles solucións para estas instalacións”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...