InicioEconomíaA CIG insta á Xunta a evitar o peche da láctea Tegestacín...

A CIG insta á Xunta a evitar o peche da láctea Tegestacín en Outeiro de Rei

A central sindical reproba o despedimento dos 70 traballadores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario provincial da Confederación Intersindical Galega (CIG) en Lugo, Toño Niño, reclamou á Xunta de Galicia que faga “todo o posible” para evitar o peche da empresa láctea Tegestacín, que se sitúa sobre a antiga factoría de Leite Pascual no concello de Outeiro de Rei.

Niño confirmou que a “empresa comunicou as súas intencións nunha reunión co comité de empresa, de pechar a factoría a curto prazo” e o despedimento dos seus 70 traballadores. Tras iso, o sindicato nacionalista convocou unha asemblea, na que se informou ao persoal dos plans da compañía e na que se puxo de manifesto a “oposición” a que se execute un ERE. “É paradoxal porque é a terceira vez que esta factoría pasa por esta situación e por iso imos pedir a implicación da Xunta de Galicia, da consellería de Medio Rural”, sostivo.

“No país onde máis leite se produce de Europa pechamos as fábricas de transformación que temos e iso é algo inexplicable. A administración terá algo que dicir”, soltou. O dirixente sindical asegurou que Tegestacín “de momento non xustificou ningunha causa para o peche” e considerou necesario “garantir a viabilidade da factoría e que a administración busque alternativas”.

Aínda que non se fixo “oficial” o peche e non se presentou a “documentación”, ao sindicato trasladóuselle “que non teñen a rendibilidade esperada, que é un proxecto que non é viable”. “É un grupo que ten un comportamento bastante especulativo. Para nada acredítanse as circunstancias que obriguen a un peche. Non hai unha explicación máis profunda. Estamos á espera de que entreguen a documentación oportuna”, afeou Toño Niño.

A empresa debe varias mensualidades aos 70 traballadores
 e agora atópase totalmente “inoperativa” dado que hai dúas semanas cortóuselle a luz por falta de pago.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...